Galegas 2020

Somos Galicia en común – anova MAREAS

O Diario Oficial de Galicia do martes, 19 de maio de 2020, publica o DECRETO 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia.

Artigo 1
Convócanse eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o doce de xullo de dous mil vinte.


Artigo 2
En aplicación do artigo 9 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, o número de deputados correspondente a cada circunscrición é o seguinte:
A Coruña: vinte e cinco.
Lugo: catorce.
Ourense: catorce.
Pontevedra: vinte e dous.


Artigo 3
A campaña electoral, por imperativo do disposto no artigo 51.2 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, durará quince días. Comezará ás cero horas do venres día vinte e seis de xuño e finalizará ás vinte e catro horas do venres día dez de xullo de dous mil vinte.


Artigo 4
Celebradas as eleccións convocadas por este decreto, a Cámara resultante reunirase para a súa sesión constitutiva o día sete de agosto de dous mil vinte, ás once horas.


Artigo 5
As eleccións convocadas por este decreto rexeranse pola Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, así como pola Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia; polo Decreto13/2020, do 10 de febreiro, polo que se establecen as normas sobre os medios materiais que se utilizarán nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020; polo Decreto 14/2020, do 10 de febreiro, polo que se fixan as gratificacións e indemnizacións que percibirán os membros da Administración electoral en Galicia e o persoal ao seu servizo, os/as xuíces/zas de primeira instancia ou de paz, representantes da Administración da Comunidade Autónoma nas mesas electorais, así como o persoal da Xunta de Galicia, co gallo das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, e a demais normativa de desenvolvemento.

Enlace ao DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioC3B0-180520-1_gl.html