Goberno municipal (2019-2023)

O cuarto domingo de maio de 2019, celebramos as décimo primeiras eleccións municipais da democracia. No noso concello eliximos dezasete persoas (por ter entre 10.001 e 20.000 habitantes), exactamente 18.525, segundo o Padrón Municipal de habitantes a data 1 de xaneiro de 2018. Daquela, a maioría absoluta confórmana nove votos.

O 15 de xuño, vinte días despois das urnas, como recolle a lexislación, celébrase a sesión constitutiva da Corporación e a elección de alcalde.

Toman posesión dos seus cargos de concelleiras/-os as dezasete persoas electas o 26 de maio. Por primeira vez, máis mulleres ca homes!

Pleno organizativo do Concello de Teo, o luns 8 de xullo de 2019
  • PP
  • 1. Jose Manuel Guerra Calvelo
  • 2. Antonio Reyes Sánchez Crespo
  • 3. Maria Vázquez Rey
  • 4. María Dolores Nariño Facal
  • 5. María Teresa Castro Framil
  • 6. Lucía Calvo de la Uz
  • 7. Mº Margarita Rosende Domínguez
  • SONdeTEO
  • 1. Rafael Carlos Sisto Edreira
  • 2. Iria Otero Romero
  • 3. Xosé Ignacio Iglesias Villar
  • 4. María López Álvarez
  • PSdeG-PSOE
  • 1. Uxía Lemus de la Iglesia
  • 2. Roberto Moñino Gil
  • 3. María Josefa Argibay da Silva
  • 4. José Manuel Elías Noya
  • BNG
  • 1. Manuel Anxo Fernández Baz
  • 2. Carme Diéguez González

Á elección de alcalde, preséntanse dúas candidaturas: os primeiros da lista do PP e de SONdeTEO. O candidato de SONdeTEO, Rafa Sisto, suma os 10 votos da esquerda (SONdeTEO+PSdeG-PSOE+BNG) e o do PP, Manuel Guerra, os sete da dereita. Resulta elixido alcalde-presidente, RAFA SISTO, por maioría absoluta.

Logo, o alcalde ten que delegar as áreas de goberno nas persoas da Corporación e o pleno aprobar quen traballa no Concello con dedicación exclusiva, parcial ou ningunha. As dúas persoas do BNG declinan formar parte do goberno nin tripartito nin bipartito co cal SONdeTEO e PSdeG-PSOE asumen a responsabilidade de gobernar.

Velaquí o organigrama do goberno segundo a Resolución da Alcaldía de 3 de xullo de 2019, recollidas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 129 do mércores 10 de xullo:

RAFA SISTO

Alcalde. DEDICACIÓN EXCLUSIVA

Luou 30.1.1963.

Encárgase das áreas de Medio Ambiente, Xestión da auga e do lixo, Economía e facenda, e Comunicación.

Licenciado en Químicas e doutor en Filosofía e Historia da Educación, traballa no Concello de Teo como primeiro tenente alcalde e concelleiro de Urbanismo desde 2007 e, desde 2015, como alcalde, en excedencia da súa praza como profesor de Secundaria. Canta na Coral Polifónica de Luou e colabora coa Asociación Cultural A Mámoa da súa parroquia.

Correo: rafasisto@teo.gal

Face/twitter @rafasisto

Insta @sistorafa

IRIA OTERO ROMERO

Concelleira delegada de Mobilidade, Comercio, Turismo, Emprego e Igualdade. DEDICACIÓN EXCLUSIVA

Cornide-Calo 18-1-1982

Coa facultade de dirixir e xestionar en xeral os seguintes servizos: Mobilidade, Transporte, Teobús, Camiños escolares, Sendas peonís e ciclistas (en colaboración coa concelleira de urbanismo), Comercio e Turismo, Axencia de desenvolvemento Local, Emprego,  Información e orientación laboral, Xestión Espazo de Traballo Colaborativo (ETC)  de Solláns, Obradoiros de emprego, Igualdade, o Centro de Información á Muller (CIM), Prevención da violencia de xénero e Promoción da diversidade.

Farmacéutica e doutora en Farmacia pola USC. Vive da cabalo entre Santiago e Calo. De nena bailou na Mámoa de Luou e de moza, na SR de Calo. Hoxe, practica a danza.

Correo: iriaotero@teo.gal

Twiter @iriaoteror

Insta @oteroiria

IGNACIO IGLESIAS VILLAR

Concelleiro delegado de Benestar, Persoal e Deportes. DEDICACIÓN EXCLUSIVA

A Casalonga 11.2.1965

Coa facultade de dirixir e xestionar os seguintes servizos: Benestar, Servizos Sociais, Escolas Infantís 0-3 anos, Atención ás persoas maiores, Conciliación, Voluntariado, Políticas de inclusión social, Persoal, Xestión de persoal, Relación de Postos de Traballo (RPT), Convenio colectivo. Deportes: Instalacións deportivas, Escolas municipais deportivas e Espectáculos e eventos deportivos.

Traballador Social. Primeiro Tenente de alcalde desde 2015, concelleiro de Benestar e Igualdade, con dedicación exclusiva de 2011 a 2019. Diplomado en Traballo Social e Graduado en Relacións Laborais. Colabora en Adega, AV A carballeira de Francos. Afeccionado ao taichí, agricultura ecolóxica, cans, gatos, paseos, lectura e cine.

Correo: ignacioiglesias@teo.gal

Face: @ignacio.igrexasvilar

Twitter: @igigrexas

Insta: @igrexasvilar

MARÍA LÓPEZ ÁLVAREZ

Concelleira delegada de Lingua e Mocidade. SEN DEDICACIÓN.

Boal (Asturias) 25.1.1982.

Coa facultade de dirixir e xestionar en xeral os seguintes servizos: Lingua, Aplicación da ordenanza de normalización, Promoción do galego na administración, Promoción social do idioma, Mocidade: Campamentos e  Campañas específicas.

Profesora de Ciencias Naturais, os últimos cinco cursos no Instituto de Ensino Secundario do Milladoiro agora, en excedencia por coidado de fillos, no IES Bouza Brey de Vilagarcía. Licenciada en Bioloxía pola USC (2005). Activista ecoloxista, anpa A Rabadela, A Mámoa. Gústalle a horticultura, pasear polo monte, cociñar.

Correo: marialopez@teo.gal

Facebook: @MaríaLópez

Insta @Maria_da_meigheira

A estas catro persoas de SONdeTEO no goberno súmanse outras catro do PSdeG-PSOE:

UXIA LEMUS DE LA IGLESIA

1ª Tenente de alcalde, concelleira delegada de Urbanismo, Seguridade cidadá, Enerxía e Sostibilidade. DEDICACIÓN EXCLUSIVA

Coa facultade de dirixir e xestionar os seguintes servizos: Urbanismo: PXOM, desenvolvemento e xestión, Disciplina urbanística,  Obras de urbanización, e rede de cable e gas,  Vivenda. Seguridade cidadá: Policía Local, Protección civil, Xestión enerxética e alumeado público. Sostibilidade: Sendas peonís e ciclistas (en colaboración coa concelleira da área de mobilidade)

ROBERTO MOÑINO GIL

Concelleiro delegado de Infraestruturas. SEN DEDICACIÓN

Coa facultade de dirixir e xestionar en xeral os seguintes servizos: Infraestruturas, Plans provinciais de infraestruturas e Plans especiais.

Mª JOSEFA ARGIBAY DA SILVA

Concelleira delegada de Educación, Cultura, Administración e Participación veciñal. DEDICACIÓN EXCLUSIVA

Coa facultade de dirixir e xestionar en xeral os seguintes servizos: Educación, Mantemento de edificios escolares, Relación coas anpas e Comunidade educativa, Colexios Rurais Agrupados (CRA), Consello Escolar Municipal, Actividades extraescolares e formación de adultos. Cultura: Infraestruturas culturais e programación, Patrimonio cultural, Fomento da lectura, Memoria histórica, Apoio ás asociacións culturais. Participación veciñal: Relacións veciñais e participación, Casas Comúns, Consellos parroquiais, Administración, Administración electrónica, Contratación, Seguros, Comunicacións e Organización da páxina WEB municipal.

JOSÉ MANUEL ELÍAS NOYA

Concelleiro de Servizos básicos. DEDICACIÓN PARCIAL (50%)

Coa facultade de dirixir e xestionar en xeral os seguintes servizos: Servizos básicos, Reparación de vías e camiños, Parques e Xardíns, Áreas de xogo infantil, Rozas e xestión de augas pluviais e Xestión das cuadrillas municipais de obras e parques.

No pleno organizativo do luns 8 de xullo, as nove persoas do PP e BNG votaron en contra da Proposta da alcaldía sobre dedicacións exclusivas e parcial que contempla cinco dedicacións exclusivas e unha parcial para Alcaldía, Concellería de Urbanismo, Seguridade cidadá, Enerxía e Sostibilidade; Concellaría de Mobilidade, Comercio, Turismo, Emprego e Igualdade; Concellaría de Benestar, Persoal e Deportes e  Concellaría de Educación, Cultura, Administración e Participación veciñal e a dedicación parcial do 75% para a Concellería de Servizos Básicos. Dúas concellerías quedarían sen dedicación ningunha. (máis info aquí: http://sondeteo.gal/2019/07/coas-ideas-claras/)

Así as cousas, as oito persoas de SONdeTEO e PSdeG-PSOE con responsabilidades de goberno estiveron a ocuparse das súas áreas no tempo que lles deixaban os seus respectivos traballos remunerados e/ou as súas vacacións. Agardemos corrixir esta situación anómala canto antes e traballar en exclusividade para o Concello como debe ser!

Por fin, no pleno ordinario do mércores 31 de xullo, o BNG abstense ante a proposta de SONdeTEO de manter as dedicacións como no 2015. Isto é, as mesmas cinco dedicacións e media que propoñiamos pero sen mellora ningunha nas condicións salariais e diminuíndo a dedicación parcial un cuarto. Resumo: Por 21.400 €/ano, o BNG mantivo paralizado o Concello máis dun mes e o goberno de Teo queda cun concelleiro traballando a media xornada en vez de tres cuartos. Teo perde!

*A Xunta de Goberno Local do Concello de Teo, está integrada polo alcalde e cinco concelleiras/-os:

Iria Otero Cepeda (SONdeTEO)

María López Álvarez (SONdeTEO)

Uxía Lemus de la Iglesia (PSdeG-PSOE)

Roberto Moñino Gil (PSdeG-PSOE)

Mª Josefa Argibay da Silva (PSdeG-PSOE)