A lotería do túnel!

Un ano máis vendemos participacións da lotería de nadal para tentar a sorte e sacar algo para o peto de SONdeTEO.  Este sexto ano,  xogamos o número 22101, mercado novamente na Administración de Lotería Nº1 de Teo A SORTE, sita na Travesía de Montouto https://www.loteriaasorte.com/  nº 22, enfronte do tanatorio.

Arrincamos pondo á venda 600 boletos de 2,5 € (12 talonarios de 50 participacións) o que supón xogar á lotería de Nadal 1.200 euros. Coma sempre, dous euros invístense no propio sorteo do Gordo do 22 de decembro e os 0,50 € restantes participan na rifa de douscentos euros de compra no MERCADO DE ALIMENTO LABREGO DE TEO, que se fai todos os sábados pola mañá na praciña circular dos Tilos.

Ler máisA lotería do túnel!

FacebooktwittermailFacebooktwittermail

Sobre as negociacións para un goberno en Teo

A Asemblea local de SONdeTEO, reunida onte pola noite para valorar o proceso de negociación de cara á formación dun goberno de esquerdas no Concello de Teo, considera:

 

 

Que trala elección como alcalde do candidato de SONdeTEO, Rafa Sisto, esta organización séntese responsable e comprometida coa formación do novo goberno o antes posible, para encarar o importante traballo que desenvolver nesta lexislatura.

Que dende o momento no que o BNG de Teo, cunha posición de colaboración e diálogo, decidiu non participar nas negociacións para un goberno a tres, avanzouse, decididamente, para repetir a coalición de goberno co PSOE de Teo, recoñecendo o novo escenario resultante das eleccións que determinaba un reparto distinto das responsabilidades.

Ler máisSobre as negociacións para un goberno en Teo

FacebooktwittermailFacebooktwittermail

Fusión dos Concellos: Un debate necesario

Levamos 20 anos vendo como o modelo actual non responde ás necesidades da xente de Compostela e na súa contorna.

Por iso, toca falar dunha vez con seriedade e con feitos da fusión de concellos e da construción da Gran Capital. Facémolo este martes con Martiño Noriega e Rafa Sisto, alcaldes de Santiago e Teo. Non faltes!

FacebooktwittermailFacebooktwittermail

Rumorosos din que cae aquí

Mañá, 25 de Xullo, o Día Nacional de Galicia, sacamos á venda, por cuarto ano consecutivo, as nosas participacións de lotería para o Sorteo Extraordinario de Nadal . O número que xogamos este 2017 é o 87.989, mercado novamente na Administración de Lotería A SORTE da Travesía de Cacheiras 29.

Arrincamos pondo á venda 1.000 boletos de 2,5 € (20 talonarios de 50 participacións). Coma sempre, dous euros invístense no propio sorteo do Gordo do 22 de decembro e os 0,50 € restantes participan na rifa de douscentos euros de compra no MERCADO DE ALIMENTO LABREGO DE TEO, que se fai todos os sábados pola mañá na praciña circular dos Tilos.

As nosas participacións saen quentiñas do prelo  PARSAN GRÁFICA S.L. (parcela R-2 da vía Diésel do Polígono santiagués do Tambre) dos irmáns Pedro e María Pardo Sánchez, con veciñanza en Teo. Desta volta, o deseño do billete lembra os 110 anos da estrea do Himno Galego no Teatro do Centro Galego da Habana reproducindo no fondo do boleto a partitura orixinal do poema de Pondal con música de Pascual Veiga estreada no Teatro do Centro Galego da Habana o 20 de decembro de 1907.

Quen queira participacións pódese poñer en contacto con nós en persoa ou a través do correo electrónico eu@sondeteo.gal  con mensaxes polo Facebook ou polo Twitter.

As cifras dos anos anteriores. Inda nunca nos tocou

Na campaña de 2014, vendemos 981 participacións (case  40 talonarios de 25) que nos reportaron 490,50 euros. Reservaramos 6.000 euros de lotería e quedamos á beira dos 2.000.

No 2015, melloramos! Vendemos 1.075 boletos (43 talonarios) que nos deron 507,50€ e, no 2016 foi semellante con 1.037 boletos.

Nestes tres anos inda non repartimos premio ningún, irá tocando ou?

Loterías y Apuestas del Estado lanzou a principio de mes a súa campaña de verán da Lotería de Nadal  titulada ‘The Guiris’ con estranxeir@s comendo paella, bailando e tomando o sol no Mediterráneo. Nós apelamos a ‘de rumorosos’ do poema de Eduardo Pondal que conforma o noso himno:

Que din os rumorosos

na costa verdecente,

ao raio transparente

do prácido luar?

¿Que din as altas copas

de escuro arume arpado

co seu ben compasado

monótono fungar?

Do teu verdor cinguido

e de benignos astros,

confín dos verdes castros

e valeroso chan,

non des a esquecemento

da inxuria o rudo encono;

desperta do teu sono

fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden

e con arroubo atenden

o noso ronco son,

máis sóo os iñorantes

e féridos e duros,

imbéciles e escuros

non os entenden, non.

Os tempos son chegados

dos bardos das edades

que as vosas vaguedades

cumprido fin terán;

pois, donde quer, xigante

a nosa voz pregoa

a redenzón da boa

nazón de Breogán..

 

A ver se desta cae aquí!

FacebooktwittermailFacebooktwittermail